Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Estrela do norte, de Luís Rei Núñez

Estrela do norte

Poesía  *  Luís Rei Núñez * Faktoría K de Libros * 120 páxinas * 12 euros

 

 

O mar, a viaxe, a memoria, a palabra, a busca continua, a luz, a crónica dos espazos amados ou soñados e o relato do devalar da propia vida talvez poidan ser definicións operativas, por xunto, para describir parte do que se encerra neste último libro de Luís Rei. Na pluralidade de formas, na dicción clásica e na coidada musicalidade que o goberna será difícil non atopar algún verso ou poema que non enfeitice, sorprenda ou emocione, por un tempo, a quen teña a fortuna de achegarse a el. Poesía vixente e perdurable.

Este artigo publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia o 26 de setembro de 2014 baixo o título de “Cartografía para as procuras”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: