Manuscritos: Luís Amado Carballo

En moitas ocasións a faceta de prosista de Luís Amado Carballo fica escurecida diante da relevancia que presenta a súa exigua pero relevante obra poética. Para presentar hoxe unha mostra manuscrita en prosa do autor pontevedrés reprodúcese abaixo o orixinal dun relato autógrafo -conservado na Fundación Penzol e a quen lle agradezo a xenerosidade da cesión destas oito cuartillas- titulado “Sant-Yago” e que foi publicado orixinalmente na revista Cristal, de Pontevedra, número 6, en decembro de 1932. Este manuscrito foi o que lle serviu a Xosé María Álvarez Blázquez para reproducilo no libro Obras en prosa e verso, de Amado Carballo, que se editou orixinalmente na colección Pombal, da Editorial Castrelos, en 1970 e reeditada doce anos despois; libro que contaba cun interesante limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín. O texto, como se pode advertir abaixo, recrea a lenda da traslación do corpo do apóstolo Santiago a Galicia.

O pase de diapositivas require JavaScript.

1 Comments

Os comentarios están pechados.