Taboleiro do libro galego, balance anual 2015 (XXXIX)

Nuns días o Caderno da crítica deixará de actualizar os seus contidos durante o período do Nadal polo que se ofrece hoxe un balance dos datos que un conxunto de librarías colaboradoras habituais foron ofrecendo ao longo dos once primeiros meses deste 2015. Escolléronse para esta entrega os títulos que gozaron de máis concorrencias nos cinco primeiros postos de cada sección. O Taboleiro retornará a primeiros de febreiro do ano vindeiro. Grazas polo seguimento.

NARRATIVA

1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda, Xerais.

2º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.

3º-. Domingo Villar, A praia dos afogadosGalaxia.

4º-. María Reimóndez, Dende o conflito, Xerais.

5º-. Ledicia Costas, Un animal chamado néboa, Xerais.

 

POESÍA

1º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.

2º-. Carlos Callón,  Atravesar o fantasma, Xerais.

3º-. María Lado, oso, mamá, si?, Xerais.

4º-. Xosé Iglesias, Transfusión oceánica,  A. C. Caldeirón.

5º-. Elías Portela, Bazar de traidores, PEN Club.

 

ENSAIO-TEATRO

 

1º. Afonso Eiré, O Piloto. O último guerrilleiro, Hércules de Ediciones.

2º-. Anselmo López Carreira, O Miño. Un caudal de historia, Xerais.

3º-. Antonio Reigosa,  Galicia encantada, Xerais.

4º-. Montse Fajardo, Un cesto de mazás, autoedición.

5º-. Lucio Martínez, Medo político e control social na retaguarda franquista, Xerais.

 

XUVENIL

1º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.

2º-. Elena Gallego, Dragal IV, Xerais.

3º-. Iria Collazo, Como unha áncora, Galaxia.

4º-. Anxo Fariña, Os megatoxos e o dragón de xade, Xerais.

5º-. Fernando Cimadevila, O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, Urco.

 

INFANTIL

 

1º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Ribas), Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.

2º-. Miguel Ángel Alonso Diz – Luz Beloso, O valente coello que quixo soñar,  Nova Galicia Edicións.

3º-. María Solar, O meu pesadelo favorito, Galaxia.

4º.  VV.AA., Os libros da merenda, Urco Editora.

5º-. Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, O soño de Esther, NovaGalicia Edicións.

 

 

LIBROS CD-DVD

1º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.

2º-. Magín Blanco, Gatuxo, Fol Música.

3º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.

4º-. Uxía, Xiqui Xoque, fiú fiú!,  Galaxia.

5º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.

 

BANDA DESEÑADA

1º-. Luís Davila, O bichero IV, Edición do autor.

2º-. René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de  Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.

3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola 3, Xerais.

4º-. Luís Davila, O bichero V, Edición do autor.

 

2 Comments

  1. Celebro os títulos que aparecen! E, por outra banda, non celebro a constatación da anomalía cultural: NON existe a literatura dramática (nin a dramaturxia) en lingua galega.

Os comentarios están pechados.