Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Nenæspiraes, de Tamara Andrés Padín

Tamara Andrés Padín

Nenæspiraes (limiar de Lucía de Fraga)

Medulia Editorial, A Coruña, 56 páxinas

 

Galardoado no concurso poético “O Facho” en 2015, con el estréase a tradutora e narradora Tamara Andrés (Combarro, 1992) como poeta. En Nenæspiraes latexa a vontade de esculcar no interior e de esvarar, coma se dunha catarse ou purificación se tratase, cara ao núcleo dunha espiral onde se atopa a infancia, evocada con transparencia na primeira parte do libro mentres que na segunda a voz lírica repara na conflitiva dimensión do presente. Nese tránsito, cheo de “zig-zags, curvas, serpes”, reflexiónase sobre a alteridade, a corporeidade e a identidade nunha proposta madura e inequivocamente suxestiva.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas“, de La Voz de Galicia, o 8 de xaneiro de 2016, baixo o título de “Tránsito”.

Advertisements

Un comentario en “Nenæspiraes, de Tamara Andrés Padín

  1. Pingback: Ramón Nicolás sobre Nenæspiraes | Temps oubliés

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: