O espello do mundo, en Bueu

Foi un pracer participar onte na presentación d´O espello do mundo nun espazo tan espléndido e fermoso como é a sala Amelia Domínguez Búa grazas ao esforzo e interese do meu prezado amigo Fernando Miranda. Foino porque saudei no auditorio persoas moi apreciadas por min e mesmo algunhas que só o eran a través das súas actividades nas redes sociais; foino porque alén da presentación sentida, emocional e intensa de Manuel Bragado, que moito valoro por estar sempre aí, gozamos da oportunidade de escoitar senllas intervencións, a  cargo de Lucía Novas e Iria Collazo, que me fixeron pensar no marabillosa que pode ser a profesión de docente pois ás veces esta pode agasallar momentos como o de onte para escoitar dous discursos, dúas diseccións exemplares d´O espello do mundo, marcadas pola brillantez expositiva, por un afán de síntese fantástico, por unha inequívoca capacidade de sedución e, abofé, polos afectos, que Lucía e Iria saben que son compartidos. Foi un serán, outro!, absolutamente inesquecible e conmovedor para min. Seguimos e beizón, que diría Ona Guiomar.

Actualización: Manuel Bragado recolle nesta crónica a presentación en Bueu. Grazas!

O pase de diapositivas require JavaScript.