Taboleiro do libro galego XLVI (agosto e setembro de 2016)

Neste primeiro día de outubro o Caderno da crítica incorpora a referencia das novidades editoriais publicadas en lingua galega máis demandadas nalgunhas librarías galegas ao longo dos meses de agosto e setembro deste ano que andamos. Nesta ocasión, a información subministrárona un total de once librarías, entre as que damos a benvida á compostelá Chan da Pólvora. Alén desta última, grazas a Andel e Cartabón de Vigo; Moito Conto da Coruña; Cronopios de Santiago de Compostela e Pontevedra; Lila de Lilith e Pedreira, de Santiago de Compostela; Paz de Pontevedra, Trama, de Lugo; Aira das Letras, de Allariz e Miranda, de Bueu.  Retornamos en decembro.

Actualización (3 de outubro de 2016): A libraría Biblos, de Betanzos, respondeu ao requirimento de datos cando este xa estaba pechado. Co seu concurso entraría na listaxe de narrativa o título Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, no noveno posto; en poesía 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca subiría dous postos e, en ensaio, ocuparía o cuarto posto Manuel de escola, de Xosé Tomás. Moitas grazas.

NARRATIVA

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

1º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia; Miguel Anxo Fernández, Un dente sen cadáver, Galaxia e Ramón Nicolás, O espello do mundo, Xerais.

2º-. Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.

3º-. Manuel Gago, O anxo negro, Xerais.

4º-. Luís Rei O encargo do señor Castelao, Xerais.

5º-. Xabier Quiroga, Izan, o da saca, Xerais.

6º-. Miguel Anxo Murado, Libro de horas, Galaxia.

7º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.

8º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.

9º-. Diego Giráldez, Galería de saldos, Xerais.

10º-. Susana Sánchez Aríns, Seique, Através.

 

POESÍA

1º-. Antón Blanco, A oseira, Chan da Pólvora.

2º-. María do Cebreiro, O deserto, Apiario.

3º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.

4º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.

5º-. Marcos Abalde, Exhumación, Xerais.

6º-. Xohana Torres, Elexías a Lola, Engaiolarte.

 

ENSAIO-TEATRO

1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.

2º-. Suso de Toro, O país da brétema, Xerais.

3º-. Montse Fajardo, Un cesto de mazás, Autoedición.

4º-. Afonso Eiré, O piloto, Hércules de Edicións.

5º-. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (coord.) , As Irmandades da Fala (1916-1931), Laiovento.

 

XUVENIL

 

1º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.

2º-. Fran Alonso (ilustrador Dani Padrón), Contos nerviosos, Embora.

3º-. Agustín Fernández Paz, A neve interminable, Xerais.

4º-. Antoine de Saint-Exupéry, O principiño, Urco (tradución de Rodrigo Vizcaíno).

5º-.  Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.

 

INFANTIL

1º-. Ledicia Costas-Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.

2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.

3º-. Justin Richardson e Peter Parnell, Con Tango son tres, Kalandraka.

4º-. Antonio Sandoval e Emilio Urberuaga, A árbore da escola, Kalandraka.

5º-.  Fran Alonso, Poemas birollos para ler cos ollos, Xerais.

LIBROS CD-DVD

1º-.  Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.

2º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.

3º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.

4º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.

 

BANDA DESEÑADA

1º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.

2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.

3º-.  René Goscinny, Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, (trad. de  Xavier Senín e Isabel Soto), O papiro do César, Xerais.

VARIOS

1º-. Benigno Campos, Peixes e mariscos, Galaxia.

2º-. VV.AA., Luzes de Galiza, nº 33-34.