Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Unha entrevista con Carlos Casares (1995)

Pouco antes da publicación de Deus sentado nun sillón azul (1996) propuxéralle a Xosé Ramón Pena, coordinador daquela do suplemento literario “Faro das Letras” no que colaboraba, unha pequena serie de entrevistas con editores galegos. Lembro que esta comezara con Manuel Bragado (que iniciara o número 100 do suplemento)  e pouco tempo despois abordei a Carlos Casares no seu despacho na rúa Reconquista de Vigo. Impúñame o lugar e mais unha mesa que me pareceu enorme, pero non o entrevistado, que me atendeu con afabilidade e atención. O meu amigo Salvador Rodríguez, a quen lle agradezo o detalle, rescatou unha copia da entrevista que comparto aquí por se fose de interese. Nela, o homenaxeado este ano co Día das Letras, deita opinións sobre a Editorial Galaxia, arredor das incipientes novas tecnoloxías e a súa presenza no mundo editorial, verbo da lectura e os libros de maior aceptación na editorial e fala das axudas oficiais á edición e dos novos proxectos que Galaxia dispuña para aquel Nadal (premendo na entrevista pódese lela máis claramente).  

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: