Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas

Escarlatina, a cociñeira defunta

NARRATIVA * Ledicia Costas * Xerais * 176 páxinas * 12,50 euros

 

 

Galardoada na última edición do Premio Merlín esta proposta adéntrase con convicción nun asunto de tratamento difícil como é a morte. Faise de maneira pouco convencional e novidosa ao usar o cicel do humor e o da desmitificación, encadrándose con soltura nas estremas dunha novela de aventuras e amoldando o rexistro expresivo ás necesidades da trama, onde se erixen como un acerto as pasaxes de inspiración gastronómica. A lectura visual de Víctor Rivas, sen dúbida, contribúe ao feliz resultado final.

Esta recensión, baixo o título de “Letras e fogóns por xunto” publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 21 de novembro de 2014.